O CPI de Atios participa no programa de innovación "Club de Ciencia". Este Club desenvolverase fóra do horario lectivo (martes pola tarde) e nel poderá participar alumnado de Primaria e Secundaria que teña interese en indagar na ciencia e responder ás súas curiosidades mediante a experimentación. Profesorado encargado: Irene Portas, Marina Pernas e Jose Luis Quintela
jueves, 23 de febrero de 2023
CHARLA ASTROFÍSICA
Antía Graña González naceu na Coruña no ano 1996, pronto mudou ao concello de Valdoviño e formouse no CPI Atios, destacando xa como unha excelente estúdiante,namorada de todo o quer tiña que ver coa ciencia.
Xa estando no CPI sinteu unha gran curiosidade e admiración polas estrelas, o que a levou a estudar a carreira de física e, posteriormente un mestrado en Astroloxía nas Illas Canarias.
Prendada por tódolos coñecementos que obtivo na súa formación decidiu continuar e iniciou un doutorado en física nuclear, a súa actual ocupación.
Está realizando os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela con estadías no centro GSI de Alemaña, onde se atopa un acelerador de ións pesados.
Así realiza estudos sobre as colisións das partículas atómicas e a fisión dos núcleos atómicos, en concreto, ela realiza os seus experimentos con Uranio.
Antía mostrounos diferentes instalacións do GSI, tamén fotos da súa visita ao gran telescopio de Canarias, explicounos, entre outras cousas, como se forman as auroras boreais, en que consiste a teoría de cordas e falou sobre os buratos negros.
Todo isto chamou a atención do noso alumnado que se mostrou moi interesado e o fixeron notar a través das numerosas preguntas que lle fixeron á conferenciante
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
EXPLICACIÓN DE MARTA OS GASES LÁMPADA DE GASES TRIVIAL QUÍMICO
-
COÑECE MÁIS AS NOSAS MULLERES CIENTÍFICAS A TRAVÉS DESTA PÁXINA WEB http://igualdade.xunta.gal/es/recursos/mujeres-con-ciencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario