jueves, 15 de octubre de 2026

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA 2026-27

 

Quiniela del Átomo


A actividade «A quiniela do átomo» é unha proposta didáctica que permite repasar e consolidar os coñecementos sobre a estrutura atómica, os seus compoñentes e as súas propiedades dun xeito lúdico, dinámico e motivador. A través dunha quiniela científica, o alumnado debe analizar diferentes afirmacións e escoller entre as opcións 1, X ou 2, segundo a veracidade das dúas partes de cada oración. Esta dinámica converte o repaso dos contidos nun reto que require atención, reflexión e aplicación dos coñecementos adquiridos.

Un dos principais beneficios da actividade é que favorece a aprendizaxe activa e a comprensión dos conceptos científicos, xa que o alumnado non se limita a memorizar información, senón que debe analizar cada enunciado, contrastar ideas e identificar posibles erros. Ademais, permite reforzar contidos relacionados cos protóns, os neutróns e os electróns, as súas cargas, a súa localización e conceptos como o número atómico e o número másico.


Lei de Murphy

¿ES CIENTÍFICA LA LEY DE MURPHY?

Pregunta guía: Si una tostada cae al suelo, ¿cae siempre por el lado de la mantequilla? ¿Podemos demostrarlo científicamente?

La propuesta convierte una frase popular en una pequeña investigación experimental. El alumnado formulará hipótesis, diseñará un experimento, recogerá datos y elaborará una conclusión basada en evidencias.


OBJETIVOS DE APRENDIZAJE

Al finalizar la sesión, el alumnado será capaz de:

·        Diferenciar una creencia popular de una afirmación científica comprobable.

·        Aplicar las fases básicas del método científico.

·        Identificar las variables de un experimento y controlar las condiciones.

·        Recoger, representar e interpretar datos experimentales.

·        Argumentar si los resultados apoyan o no la afirmación inicial.


jueves, 8 de enero de 2026

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA

 

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA ATIOS 2025-2026

 

1.- CONSTRUCCIÓN  DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS

            Preparación dunha Pila Daniell cun grupo de alumnado de referencia. Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

            Exposición do funcionamento da pila a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

            INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da electricidade”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro.

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Facendo correr electróns polos fíos...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións: 1º A 19 NOVEMBRO, 1º B 19 NOVEMBRO, 2º A 19 NOVEMBRO, 3º A 13 NOVEMBRO, 3º B 13 NOVEMBRO, 4º A 13 NOVEMBRO, 5º A 20 NOVEMBRO, 5º B 20 NOVEMBRO, 6º A 20 NOVEMBRO, 6º B 26 NOVEMBRO, 6º C 26 NOVEMBRO.

            SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Explicando como funciona unha pila. Facémola?”. Posto no patio. Tamén se desenvolveu unha sesión específica co alumnado de 3º curso PDC, e sesións demostrativas en diferentes aulas. 

2.- PREPARACIÓN DA REACCIÓN “CAMALEÓN” E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS

Preparación dunha reacción de permanganato potásico e glicosa, en medio básico, cun grupo de alumnado de referencia, observando os diferentes cambios na cor a partir da redución do permanganato Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

            Exposición do funcionamento da reacción “camaleón” a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

            INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da cor”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro. (Sesións conxuntas para as actividades 1 e 2)

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Auga que cambia de cor...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións: 1º A, 1º B e 2º A 19 NOVEMBRO, 3º A ,3º B e 4º A 13 NOVEMBRO, 5º A ,5º B, 6º A 20 NOVEMBRO, 6º B e 6º C 26 NOVEMBRO.  (Sesións conxuntas para as actividades 1 e 2)

               SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “As diferentes cores do manganeso nos seus distintos estados de oxidación”. Posto no patio.

3.- CONEXIÓN Á CONFERENCIA “ENTRE FOTÓNS E ALGORITMOS: EXPLORANDO A CUÁNTICA”

            O día 27 de novembro tivo lugar no IES Agra do Orzán, de A Coruña, a charla “Entre fotóns e algoritmos: explorando a cuántica”. Nela contouse coa presenza de Mateo Blanco Rodríguez, Graduado en Física, Graduado en Matemáticas e Master en Computación Cuántica, e de Alejandro Mayorga Redondo, Enxeñeiro Informático e Profesor en Ciencia da computación e intelixencia artificial na Universidade de A Coruña. A charla foi organizada polo Club de Ciencia do IES Agra do Orzán, co apoio do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Plambe, e xurdíu a partir de experiencias e actividades previas do Club de Lectura Científica do IES Agra do Orzán, dinamizado polo profesor José Luis Quintela desde o ano académico 2021-2022.

            O Club de Ciencia Atios propuxo a conexión con tal actividade para o grupo de 4º ESO A, modalidade científico-tecnolóxica do CPI Atios. A mesma tivo lugar, e o alumnado de Atios tivo a oportunidade de seguir en remoto a sesión, así como de facer as preguntas que considerou oportunas aos relatores do día.      

4.- CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL

               O pasado 18 de decembro tivo lugar unha actividade de voo con avións de papel no patio cuberto do CPI Atios. Nela, os rapaces e rapazas interesados asistiron a unha breve explicación de por que voan os avións, na que se falou de conceptos como “sustentación”, “velocidade límite” e “perda”. Tamén tiveron ocasión de ver como se preparan dous prototipos de avión de papel, a cargo de alumnado de referencia do Club de Ciencia. Participaron estudantes dos diferentes niveis e grupos de Educación Secundaria.

5.- FERIA CIENTÍFICA

No CPI de Atios desenvolveuse unha Feira Científica co obxectivo de achegar a ciencia ao alumnado dunha maneira práctica e motivadora. Ao longo da xornada realizáronse diversas actividades adaptadas ás distintas idades, como a Pila Daniell, a Reacción Camaleón, a Conferencia Fotóns e o Concurso de Avións de Papel, fomentando a curiosidade, o pensamento crítico e a experimentación.

Tamén participou o Club de Lectura Científica e o alumnado de Secundaria preparou experimentos para Infantil e Primaria, promovendo a aprendizaxe compartida entre etapas. A actividade converteuse nun espazo de aprendizaxe activa e interdisciplinar que favoreceu a creatividade, a comunicación científica e o interese pola investigación, reforzando a cultura científica do centro.

6.- CLUB DE LECTURA

O Club de Lectura Científica do CPI de Atios desenvolveuse ao longo do curso 2023-2024 coa participación de alumnado e profesorado interesados na divulgación científica. A actividade consistiu na lectura compartida da obra La clave secreta del universo, de Lucy e Stephen Hawking, combinando a lectura individual na casa con sesións semanais de posta en común e debate durante os recreos.

A través desta iniciativa fomentouse o interese pola ciencia, a lectura e o pensamento crítico, ao tempo que se promoveron o intercambio de ideas, a curiosidade e a participación activa do alumnado. O club converteuse nun espazo motivador de aprendizaxe e convivencia arredor da ciencia e da literatura.

7.- CHARLA EMAFESA

En marzo de 2026, o alumnado de 4º da ESO do CPI de Atios participou nunha serie de actividades relacionadas coa xestión e tratamento da auga dentro do proxecto Club de Ciencia. O 10 de marzo, Alejandro Pisa Jaraba, Director Xerente de Emafesa, impartiu unha charla sobre o funcionamento da empresa, encargada da xestión da auga e do tratamento de augas residuais en Ferrol. Explicou os principais retos do sector, as innovacións tecnolóxicas aplicadas e a importancia dunha xestión sostible dos recursos hídricos. Ademais, sensibilizou ao alumnado sobre a conservación da auga e anunciou a organización dunha visita ás instalacións da empresa.

Como continuación da actividade, o 16 de marzo realizouse unha saída didáctica ao Encoro das Forcadas, á ETAP de Catabois, á Estación de Bombeo da Malata e á EDAR de Prioriño. O alumnado puido coñecer de maneira práctica o ciclo urbano da auga: desde a súa captación e potabilización ata a distribución e depuración final. Durante a visita explicáronse os diferentes procesos de tratamento da auga potable e das augas residuais, destacando a importancia destas infraestruturas para garantir o abastecemento e protexer o medio ambiente. A actividade resultou moi enriquecedora e permitiu concienciar ao alumnado sobre o uso responsable da auga e o coidado do entorno natural.

CONCURSO AVIÓNS DE PAPEL

 

CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL

               O pasado 18 de decembro tivo lugar unha actividade de voo con avións de papel no patio cuberto do CPI Atios. Nela, os rapaces e rapazas interesados asistiron a unha breve explicación de por que voan os avións, na que se falou de conceptos como “sustentación”, “velocidade límite” e “perda”. Tamén tiveron ocasión de ver como se preparan dous prototipos de avión de papel, a cargo de alumnado de referencia do Club de Ciencia. Participaron estudantes dos diferentes niveis e grupos de Educación Secundaria.

UTILIDADE DO CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL

1.- Fomenta a aprendizaxe práctica

-        Permite aplicar conceptos de física como a aerodinámica, forza, fricción e gravidade dun xeito visual e experimental.

-        Axuda a comprender a relación entre deseño, peso e rendemento dun obxecto voador. 

2. Desenvolve a creatividade e a resolución de problemas

-        Os estudantes deben idear, probar e mellorar os seus avións para optimizar distancia, precisión ou tempo de voo.

-        Estimula a innovación: pequenas modificacións poden ter grandes efectos.

3. Promove o traballo en equipo

-        Pode organizarse en grupos, fomentando a colaboración, a comunicación e a repartición de tarefas.

-        Os estudantes aprenden a valorar diferentes ideas e enfoques.

4. Integra diversas materias

-        Física: forzas, gravidade, aerodinámica.

-        Matemáticas: medir distancia, calcular ángulos ou tempos.

-        Tecnoloxía e deseño: planificación e creación de modelos eficientes.

-        Lingua: explicación do proceso e argumentación sobre decisións de deseño.

5. Motivación e diversión

-        Combina aprendizaxe con xogo, facendo que os estudantes participen con entusiasmo.

-        Fomenta a competencia sana e o espírito de superación persoal.

6. Obxectivos educativos transversais

-        Desenvolvehabilidades de observación, experimentación e análise de resultado.

-        Estimula o pensamento crítico: identificar problemas e probar solucións.

CONCLUSIÓN

Un concurso de avións de papel en secundaria non é só un xogo; é unha actividade educativa completa que combina ciencia, creatividade, matemáticas e traballo en equipo, facendo que os estudantes aprendan facendo e disfruten mentres experimentan.

 

CONFERENCIA DE FOTÓNS

 

CONEXIÓN Á CONFERENCIA “ENTRE FOTÓNS E ALGORITMOS: EXPLORANDO A CUÁNTICA”

            O día 27 de novembro tivo lugar no IES Agra do Orzán, de A Coruña, a charla “Entre fotóns e algoritmos: explorando a cuántica”. Nela contouse coa presenza de Mateo Blanco Rodríguez, Graduado en Física, Graduado en Matemáticas e Master en Computación Cuántica, e de Alejandro Mayorga Redondo, Enxeñeiro Informático e Profesor en Ciencia da computación e intelixencia artificial na Universidade de A Coruña. A charla foi organizada polo Club de Ciencia do IES Agra do Orzán, co apoio do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Plambe, e xurdíu a partir de experiencias e actividades previas do Club de Lectura Científica do IES Agra do Orzán, dinamizado polo profesor José Luis Quintela desde o ano académico 2021-2022.

            O Club de Ciencia Atios propuxo a conexión con tal actividade para o grupo de 4º ESO A, modalidade científico-tecnolóxica do CPI Atios. A mesma tivo lugar, e o alumnado de Atios tivo a oportunidade de seguir en remoto a sesión, así como de facer as preguntas que considerou oportunas aos relatores do día.      

DESENVOLVEMENTO DA CONFERENCIA

Obxectivo da charla

  • Introducir o alumnado ao mundo da física cuántica dun xeito accesible.
  • Mostrar aplicacións da cuántica na vida cotiá e na tecnoloxía actual.
  • Despertar curiosidade por temas de ciencia e computación.

Estrutura da charla

A. Introdución

  • Pregunta inicial:

“Sabedes que a luz se comporta como pequenas partículas chamadas fotóns e tamén como ondas?”

  • Presentar o concepto de física cuántica como a ciencia que estuda o comportamento da materia e da enerxía a escala moi pequena (átomos, electróns, fotóns).
  • Explicar que a cuántica pode parecer “mágica” porque rompe a intuición da vida cotiá.

 

B. Fotóns e luz

  • Explicar que os fotóns son partículas de luz que tamén actúan como ondas.
  • Experimento visual ou vídeo: interferencia de luz ou dobre fenda (sen complicacións matemáticas).
  • Relacionar coas cores, láseres e tecnoloxía láser que usamos (CD, impresoras, comunicacións por fibra óptica).

C. Superposición e estados cuánticos

  • Explicar concepto de superposición: unha partícula pode estar en varios estados ao mesmo tempo.
  • Exemplos didácticos:
    • O famoso “gato de Schrödinger” explicado con humor sen entrar en matemáticas.
    • Comparación con situacións da vida cotiá: “imaxina que podes estar na clase e xogando ao mesmo tempo ata que alguén comprobe onde estás”.
  • Introducir medición cuántica: só cando medimos, a partícula “decide” un estado.

D. Algoritmos cuánticos e computación

  • Explicar que os ordenadores cuánticos usan bits cuánticos (qubits) que poden estar en superposición.
  • Exemplos de aplicacións:
    • Intelixencia artificial
    • Criptografía moi segura
    • Descubrimento de fármacos
  • Comparación rápida: ordenador clásico vs ordenador cuántico.

E. Conexión co futuro e a vida diaria

  • Tecnoloxía cuántica xa presente en GPS, teléfonos, comunicacións seguras.
  • Posibilidades futuras: simulación de moléculas complexas, enerxía, novas medicinas.
  • Animar ao alumnado a explorar física, matemáticas e programación.

F. Peche e preguntas

  • Resumir: “A cuántica está entre fotóns e algoritmos: desde a luz ata os ordenadores do futuro.”
  • Preguntas do alumnado: fomentar curiosidade e debate.

CONCLUSIÓN

A física cuántica pode parecer complicada ou incluso máxica, pero está presente en moitas cousas da nosa vida diaria, desde a luz que vemos ata os ordenadores do futuro. Explorando o mundo dos fotóns e os algoritmos, aprendemos que a ciencia nos permite entender e transformar o que nos rodea. Coa curiosidade e a vontade de experimentar, calquera pode achegarse a este fascinante mundo e descubrir novas ideas e posibilidades.

 

 

 

 

 

 

REACCIÓN CAMALEÓN

 

¡ REACCIÓN “CAMALEÓN” ¡

Preparación dunha reacción de permanganato potásico e glicosa, en medio básico, cun grupo de alumnado de referencia, observando os diferentes cambios na cor a partir da redución do permanganato.

Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

Exposición do funcionamento da reacción “camaleón” a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

            INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da cor”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro. (Sesións conxuntas para as actividades 1 e 2)

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Auga que cambia de cor...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións:

 1º A, 1º B e 2º A o 19 novembro

3º A ,3º B e 4º A  o 13 novembro

5º A ,5º B, 6º A o 20 novembro

6º B e 6º C o 26 novembro.

               SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “As diferentes cores do manganeso nos seus distintos estados de oxidación”. Posto no patio.

PREPARACIÓN DA REACCIÓN “CAMALEÓN”

Materiais

  • Permanganato potásico (KMnO₄)
  • Auga
  • Azúcar (sacarosa) ou glicosa
  • Hidróxido de sodio (NaOH) ou deterxente con base alcalina
  • Vaso de precipitados ou recipiente transparente
  • Culler ou variña para remexer
  • Luvas e lentes de protección

Procedemento

  1. Enche un recipiente con auga.
  2. Engade unha pequena cantidade de hidróxido de sodio (ou deterxente alcalino) e remexe.
  3. Engade unha pizca de permanganato potásico: a disolución volverase violeta.
  4. Engade un pouco de azucre e remexe suavemente.
  5. Observa como a cor cambia progresivamente:
    • Violeta
    • Azul
    • Verde
    • Amarelo
    • Incoloro ou marrón claro

O efecto visual lembra a un camaleón cambiando de cor, de aí o nome da reacción.

 

EXPLICACIÓN DA REACCIÓN SEGUNDO O PÚBLICO

Educación infantil

Explicación:

“Imos ver unha auga máxica que cambia de cor, coma un camaleón. As cores aparecen porque os ingredientes falan entre eles e xogan a cambiarse.”

Obxectivo: sorprender, estimular a curiosidade e asociar ciencia con maxia.

Educación primaria

Explicación:

“Esta reacción cambia de cor porque estamos mesturando substancias que reaccionan entre si. O po morado vai cambiando porque se transforma noutras cousas diferentes.”

Introducir a idea de reacción química e transformacións. 

Secundaria

Explicación científica:

O permanganato potásico actúa como axente oxidante. En medio básico e en presenza de azucre, o manganeso redúcese progresivamente:

  • Mn⁷⁺ (violeta)
  • Mn⁶⁺ (verde)
  • Mn⁴⁺ (marrón)

Cada cambio de cor corresponde a un estado de oxidación distinto do manganeso.

Relacionar con reaccións redox, estados de oxidación e cinética química.

CONCLUSIÓN

A reacción “camaleón” é unha actividade moi atractiva porque cambia de cor e chama moito a atención. Ademais, é didáctica, xa que axuda a entender que nas reaccións químicas as substancias se transforman. Pode adaptarse facilmente a diferentes idades, polo que é axeitada para todo tipo de alumnado. Por iso, é ideal para usarse en aulas, feiras científicas ou demostracións.

 

PILA DANIELL

 


CONSTRUCCIÓN  DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS

 Obxectivo

Construír unha pila Daniell e comprobar que pode producir electricidade a partir dunha reacción química.

 Materiais

  • 2 vasos de cristal ou vasos de precipitados
  • 1 tira ou moeda de cobre (Cu)
  • 1 cravo galvanizado ou tira de cinc (Zn)
  • Sulfato de cobre (CuSO₄) disolto en auga
  • Sulfato de cinc (ZnSO₄)
    (se non hai, pódese usar auga con sal)
  • 1 ponte salina
    (papel de cociña mollado en auga con sal)
  • Cables con pinzas
  • Multímetro ou un LED pequeño

Montaxe

  1. Enche un vaso coa disolución de sulfato de cobre e introduce a lámina de cobre.
  2. Enche outro vaso coa disolución de sulfato de cinc e introduce o cravo de cinc.
  3. Une os dous vasos coa ponte salina.
  4. Conecta o cobre e o cinc cos cables ao multímetro ou LED.

 Que acontece?

  • O cinc oxídase (perde electróns).
  • O cobre redúcese (gaña electróns).
  • Os electróns móvense polo cable, producindo corrente eléctrica.

Resultado esperado

  • O multímetro marca aproximadamente 1,1 V
  • O LED pode acenderse lixeiramente

 

Normas de seguridade

  • Non tocar as disolucións.
  • Lavar as mans ao rematar.
  • Seguir as indicacións do profesorado.

 

Desenvolvemento da actividade    

Preparación dunha Pila Daniell cun grupo de alumnado de referencia. Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

            Exposición do funcionamento da pila a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da electricidade”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro.

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Facendo correr electróns polos fíos...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións: 1º A 19 NOVEMBRO, 1º B 19 NOVEMBRO, 2º A 19 NOVEMBRO, 3º A 13 NOVEMBRO, 3º B 13 NOVEMBRO, 4º A 13 NOVEMBRO, 5º A 20 NOVEMBRO, 5º B 20 NOVEMBRO, 6º A 20 NOVEMBRO, 6º B 26 NOVEMBRO, 6º C 26 NOVEMBRO.

            SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Explicando como funciona unha pila. Facémola?”. Posto no patio. Tamén se desenvolveu unha sesión específica co alumnado de 3º curso PDC, e sesións demostrativas en diferentes aulas.


Conclusión

A pila Daniell transforma enerxía química en enerxía eléctrica mediante unha reacción de oxidación-redución.

 

 

 

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA 2026-27

  Quiniela del Átomo A actividade «A quiniela do átomo» é unha proposta didáctica que permite repasar e consolidar os coñecementos sobre a ...