lunes, 4 de diciembre de 2023

PROXECTO MEGADOLÓN

                                                 PROXECTO MEGALODON 

                                                           A familia dos tabeiróns 

                    Práctica de laboratorio 4º de primaria do CPI de Atios  

                                         CURSO 23/24

Na práctica de hoxe quixemos coñecer de preto como son os tabeiróns, e en concreto aprender sobre unha das especies de tabeiróns galegas, o melgacho; o luns tivemos ao avó de Lara contándonos cousas sobre o seu traballo de pescador e sobre as especies de tabeiróns que el pescaba, os marraxos e os tabeiróns azuis.

                                                                        FOTOS



lunes, 8 de mayo de 2023

miércoles, 8 de marzo de 2023

DIA DA MULLER 8 DE MARZO


Para conmemorar o Día Internacional da Muller, deixamos á vosa disposición unha serie de materiais en galego.  Para Infantil, para Primaria e para Secundaria.  Esperamos que sexan de proveito!

Loitemos xuntas polo que aínda nos queda por loitar, e non deixemos marchar o conseguido!!

ENLACE: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpiatios/?q=node/1457


jueves, 23 de febrero de 2023

CHARLA ASTROFÍSICA

Antía Graña González naceu na Coruña no ano 1996, pronto mudou ao concello de Valdoviño e formouse no CPI Atios, destacando xa como unha excelente estúdiante,namorada de todo o quer tiña que ver coa ciencia.

 

Xa estando no CPI sinteu unha gran curiosidade e admiración polas estrelas, o que a levou a estudar a carreira de física e, posteriormente un mestrado en Astroloxía nas Illas Canarias.

 

Prendada por tódolos coñecementos que obtivo na súa formación decidiu continuar e iniciou un doutorado en física nuclear, a súa actual ocupación. Está realizando os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela con estadías no centro GSI de Alemaña, onde se atopa un acelerador de ións pesados.


Así realiza estudos sobre as colisións das partículas atómicas e a fisión dos núcleos atómicos, en concreto, ela realiza os seus experimentos con Uranio. Antía mostrounos diferentes instalacións do GSI, tamén fotos da súa visita ao gran telescopio de Canarias, explicounos, entre outras cousas, como se forman as auroras boreais, en que consiste a teoría de cordas e falou sobre os buratos negros. Todo isto chamou a atención do noso alumnado que se mostrou moi interesado e o fixeron notar a través das numerosas preguntas que lle fixeron á conferenciante

VIDEOS 2023-24

                                                     "LABORATORIO ABERTO"                                          MODELOS ATÓMIC...