miércoles, 7 de febrero de 2024

OS GASES

 

O alumnado de secundaria seguindo o método científico, deseñou e levou a cabo experimentos que comproban as leis dos gases.

Por mor da Lei de gases combinada, que establece que a relación entre a presión (P), o volume (V) e a temperatura (T) dun gas é constante ( (P·V)/T=cte) derívanse 3 casuísticas:

-  Se a T mantense constante cúmprese a Lei de Boyle-Mariotte: P·V = cte

-  A volume constante, os gases seguen a Lei de Gai-Lussac: P/T=cte

- Se é a presión o que se mantén constante, cúmprese a Lei de Charles: V/T=cte




martes, 6 de febrero de 2024

LEI DE MURPHY

 


A lei de Murphy afirma que “si algo pode saír mal vai saír mal”. O seu exemplo mais característico é que a tosta sempre vai caer polo lado da mantequilla  

Seguindo os pasos do método científico, o noso alumnado de 3º e 4º ESO demostrará que a lei de Murphy non é unha lei científica. Asi que... se algo pode saír mal... tamén pode saír ben!!!!

Esta lei leva o nome do enxeñeiro aeroespacial Edward A. Murphy Jr., quen supostamente a enunciou por primeira vez na década de 1940. Murphy traballaba nun proxecto de investigación onde se estudaba a resistencia dos pilotos á desaceleración repentina. Durante unha proba, un fallo nos sensores provocou que todos os sistemas de seguridade desactivásense, deixando aos pilotos nunha situación perigosa. Murphy comentou despois deste incidente: "Se hai máis dunha maneira de facer algo e unha delas conduce a un desastre, alguén o fará dese xeito".

A Lei de Murphy adquiriu certo status cultural e popular, e aplícase en situacións cotiás onde as cousas parecen saír mal da forma menos esperada. Pode interpretarse como un recordatorio de que sempre debemos estar preparados para posibles contratempos e erros, e tratar de anticipar e previr situacións adversas na medida do posible.




VIDEOS 2023-24

                                                     "LABORATORIO ABERTO"                                          MODELOS ATÓMIC...