A lei de Murphy afirma que “si algo pode saír mal vai saír mal”. O seu exemplo mais característico é que a tosta sempre vai caer polo lado da mantequilla
Seguindo os pasos do método científico, o noso alumnado de
3º e 4º ESO demostrará que a lei de Murphy non é unha lei científica. Asi que...
se algo pode saír mal... tamén pode saír ben!!!!
Esta lei leva o nome do enxeñeiro aeroespacial Edward A.
Murphy Jr., quen supostamente a enunciou por primeira vez na década de 1940.
Murphy traballaba nun proxecto de investigación onde se estudaba a resistencia
dos pilotos á desaceleración repentina. Durante unha proba, un fallo nos
sensores provocou que todos os sistemas de seguridade desactivásense, deixando
aos pilotos nunha situación perigosa. Murphy comentou despois deste incidente:
"Se hai máis dunha maneira de facer algo e unha delas conduce a un desastre,
alguén o fará dese xeito".
A Lei de Murphy adquiriu certo status cultural e popular, e
aplícase en situacións cotiás onde as cousas parecen saír mal da forma menos
esperada. Pode interpretarse como un recordatorio de que sempre debemos estar
preparados para posibles contratempos e erros, e tratar de anticipar e previr
situacións adversas na medida do posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario