jueves, 8 de enero de 2026

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA

 

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA ATIOS 2025-2026

 

1.- CONSTRUCCIÓN  DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS

            Preparación dunha Pila Daniell cun grupo de alumnado de referencia. Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

            Exposición do funcionamento da pila a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

            INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da electricidade”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro.

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Facendo correr electróns polos fíos...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións: 1º A 19 NOVEMBRO, 1º B 19 NOVEMBRO, 2º A 19 NOVEMBRO, 3º A 13 NOVEMBRO, 3º B 13 NOVEMBRO, 4º A 13 NOVEMBRO, 5º A 20 NOVEMBRO, 5º B 20 NOVEMBRO, 6º A 20 NOVEMBRO, 6º B 26 NOVEMBRO, 6º C 26 NOVEMBRO.

            SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Explicando como funciona unha pila. Facémola?”. Posto no patio. Tamén se desenvolveu unha sesión específica co alumnado de 3º curso PDC, e sesións demostrativas en diferentes aulas. 

2.- PREPARACIÓN DA REACCIÓN “CAMALEÓN” E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS

Preparación dunha reacción de permanganato potásico e glicosa, en medio básico, cun grupo de alumnado de referencia, observando os diferentes cambios na cor a partir da redución do permanganato Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

            Exposición do funcionamento da reacción “camaleón” a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

            INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da cor”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro. (Sesións conxuntas para as actividades 1 e 2)

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Auga que cambia de cor...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións: 1º A, 1º B e 2º A 19 NOVEMBRO, 3º A ,3º B e 4º A 13 NOVEMBRO, 5º A ,5º B, 6º A 20 NOVEMBRO, 6º B e 6º C 26 NOVEMBRO.  (Sesións conxuntas para as actividades 1 e 2)

               SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “As diferentes cores do manganeso nos seus distintos estados de oxidación”. Posto no patio.

3.- CONEXIÓN Á CONFERENCIA “ENTRE FOTÓNS E ALGORITMOS: EXPLORANDO A CUÁNTICA”

            O día 27 de novembro tivo lugar no IES Agra do Orzán, de A Coruña, a charla “Entre fotóns e algoritmos: explorando a cuántica”. Nela contouse coa presenza de Mateo Blanco Rodríguez, Graduado en Física, Graduado en Matemáticas e Master en Computación Cuántica, e de Alejandro Mayorga Redondo, Enxeñeiro Informático e Profesor en Ciencia da computación e intelixencia artificial na Universidade de A Coruña. A charla foi organizada polo Club de Ciencia do IES Agra do Orzán, co apoio do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Plambe, e xurdíu a partir de experiencias e actividades previas do Club de Lectura Científica do IES Agra do Orzán, dinamizado polo profesor José Luis Quintela desde o ano académico 2021-2022.

            O Club de Ciencia Atios propuxo a conexión con tal actividade para o grupo de 4º ESO A, modalidade científico-tecnolóxica do CPI Atios. A mesma tivo lugar, e o alumnado de Atios tivo a oportunidade de seguir en remoto a sesión, así como de facer as preguntas que considerou oportunas aos relatores do día.      

4.- CONCURSO DE AVIÓNS DE PAPEL

               O pasado 18 de decembro tivo lugar unha actividade de voo con avións de papel no patio cuberto do CPI Atios. Nela, os rapaces e rapazas interesados asistiron a unha breve explicación de por que voan os avións, na que se falou de conceptos como “sustentación”, “velocidade límite” e “perda”. Tamén tiveron ocasión de ver como se preparan dous prototipos de avión de papel, a cargo de alumnado de referencia do Club de Ciencia. Participaron estudantes dos diferentes niveis e grupos de Educación Secundaria.

5.- FERIA CIENTÍFICA

No CPI de Atios desenvolveuse unha Feira Científica co obxectivo de achegar a ciencia ao alumnado dunha maneira práctica e motivadora. Ao longo da xornada realizáronse diversas actividades adaptadas ás distintas idades, como a Pila Daniell, a Reacción Camaleón, a Conferencia Fotóns e o Concurso de Avións de Papel, fomentando a curiosidade, o pensamento crítico e a experimentación.

Tamén participou o Club de Lectura Científica e o alumnado de Secundaria preparou experimentos para Infantil e Primaria, promovendo a aprendizaxe compartida entre etapas. A actividade converteuse nun espazo de aprendizaxe activa e interdisciplinar que favoreceu a creatividade, a comunicación científica e o interese pola investigación, reforzando a cultura científica do centro.

6.- CLUB DE LECTURA

O Club de Lectura Científica do CPI de Atios desenvolveuse ao longo do curso 2023-2024 coa participación de alumnado e profesorado interesados na divulgación científica. A actividade consistiu na lectura compartida da obra La clave secreta del universo, de Lucy e Stephen Hawking, combinando a lectura individual na casa con sesións semanais de posta en común e debate durante os recreos.

A través desta iniciativa fomentouse o interese pola ciencia, a lectura e o pensamento crítico, ao tempo que se promoveron o intercambio de ideas, a curiosidade e a participación activa do alumnado. O club converteuse nun espazo motivador de aprendizaxe e convivencia arredor da ciencia e da literatura.

7.- CHARLA EMAFESA

En marzo de 2026, o alumnado de 4º da ESO do CPI de Atios participou nunha serie de actividades relacionadas coa xestión e tratamento da auga dentro do proxecto Club de Ciencia. O 10 de marzo, Alejandro Pisa Jaraba, Director Xerente de Emafesa, impartiu unha charla sobre o funcionamento da empresa, encargada da xestión da auga e do tratamento de augas residuais en Ferrol. Explicou os principais retos do sector, as innovacións tecnolóxicas aplicadas e a importancia dunha xestión sostible dos recursos hídricos. Ademais, sensibilizou ao alumnado sobre a conservación da auga e anunciou a organización dunha visita ás instalacións da empresa.

Como continuación da actividade, o 16 de marzo realizouse unha saída didáctica ao Encoro das Forcadas, á ETAP de Catabois, á Estación de Bombeo da Malata e á EDAR de Prioriño. O alumnado puido coñecer de maneira práctica o ciclo urbano da auga: desde a súa captación e potabilización ata a distribución e depuración final. Durante a visita explicáronse os diferentes procesos de tratamento da auga potable e das augas residuais, destacando a importancia destas infraestruturas para garantir o abastecemento e protexer o medio ambiente. A actividade resultou moi enriquecedora e permitiu concienciar ao alumnado sobre o uso responsable da auga e o coidado do entorno natural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA

  ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA ATIOS 2025-2026   1.- CONSTRUCCIÓN   DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS         ...