jueves, 8 de enero de 2026

PILA DANIELL

 


CONSTRUCCIÓN  DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFERENTES GRUPOS

 Obxectivo

Construír unha pila Daniell e comprobar que pode producir electricidade a partir dunha reacción química.

 Materiais

  • 2 vasos de cristal ou vasos de precipitados
  • 1 tira ou moeda de cobre (Cu)
  • 1 cravo galvanizado ou tira de cinc (Zn)
  • Sulfato de cobre (CuSO₄) disolto en auga
  • Sulfato de cinc (ZnSO₄)
    (se non hai, pódese usar auga con sal)
  • 1 ponte salina
    (papel de cociña mollado en auga con sal)
  • Cables con pinzas
  • Multímetro ou un LED pequeño

Montaxe

  1. Enche un vaso coa disolución de sulfato de cobre e introduce a lámina de cobre.
  2. Enche outro vaso coa disolución de sulfato de cinc e introduce o cravo de cinc.
  3. Une os dous vasos coa ponte salina.
  4. Conecta o cobre e o cinc cos cables ao multímetro ou LED.

 Que acontece?

  • O cinc oxídase (perde electróns).
  • O cobre redúcese (gaña electróns).
  • Os electróns móvense polo cable, producindo corrente eléctrica.

Resultado esperado

  • O multímetro marca aproximadamente 1,1 V
  • O LED pode acenderse lixeiramente

 

Normas de seguridade

  • Non tocar as disolucións.
  • Lavar as mans ao rematar.
  • Seguir as indicacións do profesorado.

 

Desenvolvemento da actividade    

Preparación dunha Pila Daniell cun grupo de alumnado de referencia. Explicación da mesma a partir de conceptos simplificados, tendo en conta que o tema RedOx forma parte do currículo de Segundo Curso de Bacharelato.

            Exposición do funcionamento da pila a diferentes grupos de distintos niveis e etapas.

INFANTIL.- Preparación co alumnado de referencia da escena “A maxia da electricidade”. Pases nos cursos de 3, 4 e 5 anos.

Calendario de sesións: Tres sesións co alumnado de 3, 4 e 5 anos respectivamente o día 4 de decembro.

            PRIMARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Facendo correr electróns polos fíos...”. Pases en todos os niveis da etapa.

Calendario de sesións: 1º A 19 NOVEMBRO, 1º B 19 NOVEMBRO, 2º A 19 NOVEMBRO, 3º A 13 NOVEMBRO, 3º B 13 NOVEMBRO, 4º A 13 NOVEMBRO, 5º A 20 NOVEMBRO, 5º B 20 NOVEMBRO, 6º A 20 NOVEMBRO, 6º B 26 NOVEMBRO, 6º C 26 NOVEMBRO.

            SECUNDARIA.- Preparación co alumnado de referencia da sesión “Explicando como funciona unha pila. Facémola?”. Posto no patio. Tamén se desenvolveu unha sesión específica co alumnado de 3º curso PDC, e sesións demostrativas en diferentes aulas.


Conclusión

A pila Daniell transforma enerxía química en enerxía eléctrica mediante unha reacción de oxidación-redución.

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

  ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA ATIOS 2025-2026 PRIMEIRO TRIMESTRE   1.- CONSTRUCCIÓN   DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFEREN...