jueves, 23 de febrero de 2023

CHARLA ASTROFÍSICA

Antía Graña González naceu na Coruña no ano 1996, pronto mudou ao concello de Valdoviño e formouse no CPI Atios, destacando xa como unha excelente estúdiante,namorada de todo o quer tiña que ver coa ciencia.

 

Xa estando no CPI sinteu unha gran curiosidade e admiración polas estrelas, o que a levou a estudar a carreira de física e, posteriormente un mestrado en Astroloxía nas Illas Canarias.

 

Prendada por tódolos coñecementos que obtivo na súa formación decidiu continuar e iniciou un doutorado en física nuclear, a súa actual ocupación. Está realizando os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela con estadías no centro GSI de Alemaña, onde se atopa un acelerador de ións pesados.


Así realiza estudos sobre as colisións das partículas atómicas e a fisión dos núcleos atómicos, en concreto, ela realiza os seus experimentos con Uranio. Antía mostrounos diferentes instalacións do GSI, tamén fotos da súa visita ao gran telescopio de Canarias, explicounos, entre outras cousas, como se forman as auroras boreais, en que consiste a teoría de cordas e falou sobre os buratos negros. Todo isto chamou a atención do noso alumnado que se mostrou moi interesado e o fixeron notar a través das numerosas preguntas que lle fixeron á conferenciante

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

  ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA ATIOS 2025-2026 PRIMEIRO TRIMESTRE   1.- CONSTRUCCIÓN   DE PILA DANIELL E EXPLICACIÓN DA MESMA A DIFEREN...