O CPI de Atios participa no programa de innovación "Club de Ciencia". Este Club desenvolverase fóra do horario lectivo (martes pola tarde) e nel poderá participar alumnado de Primaria e Secundaria que teña interese en indagar na ciencia e responder ás súas curiosidades mediante a experimentación. Profesorado encargado: Irene Portas, Marina Pernas e Jose Luis Quintela
martes, 14 de mayo de 2024
martes, 19 de marzo de 2024
VIDEOS 2023-24
"LABORATORIO ABERTO"
MODELOS ATÓMICOS
https://drive.google.com/file/d/1zJkGzbDFMhDR27-wpbuFurpmNKiftbDo/view?usp=sharing
LABORATORIO ABERTO
Visita á DOMUS: “Laboratorio aberto”
O martes 27 de febreiro o alumnado
de 4ºA e 4ºC visitaron o Museo DOMUS, sitO na cidade de A Coruña. Alí,
participaron no programa “laboratorio
aberto”, en concreto, na actividade “¿Cómo
se desarrollan los fármacos?”
Nesta actividade, o alumnado fíxose
consciente do longo que é o proceso para desenrolar un fármaco e de todas as
etapas que ten o proceso. A través da
química orgánica, eles mesmos participaron na síntese dun novo fármaco que se
está investigando para o Parkinson.
Despois, o noso alumnado puido
desfrutar da exposición interactiva do museo con temáticas de bioloxía e
química.
miércoles, 7 de febrero de 2024
OS GASES
O alumnado de secundaria seguindo o método
científico, deseñou e levou a cabo experimentos que comproban as leis dos
gases.
Por mor da Lei de gases combinada, que
establece que a relación entre a presión (P), o volume (V) e a temperatura (T)
dun gas é constante ( (P·V)/T=cte) derívanse 3 casuísticas:
- Se a
T mantense constante cúmprese a Lei de Boyle-Mariotte: P·V = cte
- A
volume constante, os gases seguen a Lei de Gai-Lussac: P/T=cte
- Se é a presión o que se mantén constante,
cúmprese a Lei de Charles: V/T=cte
martes, 6 de febrero de 2024
LEI DE MURPHY
A lei de Murphy afirma que “si algo pode saír mal vai saír mal”. O seu exemplo mais característico é que a tosta sempre vai caer polo lado da mantequilla
Seguindo os pasos do método científico, o noso alumnado de
3º e 4º ESO demostrará que a lei de Murphy non é unha lei científica. Asi que...
se algo pode saír mal... tamén pode saír ben!!!!
Esta lei leva o nome do enxeñeiro aeroespacial Edward A.
Murphy Jr., quen supostamente a enunciou por primeira vez na década de 1940.
Murphy traballaba nun proxecto de investigación onde se estudaba a resistencia
dos pilotos á desaceleración repentina. Durante unha proba, un fallo nos
sensores provocou que todos os sistemas de seguridade desactivásense, deixando
aos pilotos nunha situación perigosa. Murphy comentou despois deste incidente:
"Se hai máis dunha maneira de facer algo e unha delas conduce a un desastre,
alguén o fará dese xeito".
A Lei de Murphy adquiriu certo status cultural e popular, e
aplícase en situacións cotiás onde as cousas parecen saír mal da forma menos
esperada. Pode interpretarse como un recordatorio de que sempre debemos estar
preparados para posibles contratempos e erros, e tratar de anticipar e previr
situacións adversas na medida do posible.
-
EXPLICACIÓN DE MARTA OS GASES LÁMPADA DE GASES TRIVIAL QUÍMICO
-
COÑECE MÁIS AS NOSAS MULLERES CIENTÍFICAS A TRAVÉS DESTA PÁXINA WEB http://igualdade.xunta.gal/es/recursos/mujeres-con-ciencia