martes, 18 de marzo de 2025

CLUB DE LECTURA CIENTÍFICA 2025

 

CLUB DE LECTURA CIENTÍFICA

Unha das propostas que se lle fixo este ano á comunidade escolar de Atios é a do Club de Lectura Científica. E, debido a positiva resposta dun grupo de alumnado e profesorado, o mesmo está a se desenvolver desde principios deste ano académico 23-24

 A idea é a de propoñer a lectura por capítulos na casa dunha obra relacionada coa ciencia, en todos os seus ámbitos, para logo poñela en común e debatir sobre ela no tempo dun recreo cada semana.

Así, os martes no primeiro recreo levamos xa unha morea de charlas, intercambio de puntos de vista, e falando con entusiasmo sobre o libro “La clave secreta del universo” dos autores Lucy & Stephen King


A clave secreta do universo" é unha novela escrita por Lucy e Stephen Hawking que combina ciencia e aventura.

 A historia segue a un neno chamado George, quen se embarca nunha emocionante viaxe a través do espazo e o tempo coa axuda da súa amiga Annie e un supercomputador chamado Cosmos.

A medida que exploran o universo, George aprende sobre conceptos científicos complexos, como a gravidade, os buracos negros e a teoría do Big Bang, dunha maneira accesible e entretida.

A novela non só busca espertar o interese pola ciencia nos mozos lectores, senón que tamén salienta a importancia da curiosidade e o coñecemento na comprensión do mundo que nos rodea. É unha lectura fascinante para quen ama a ciencia e a aventura!

Pensamos que a participación neste tipo de Clubes é unha das experiencias que con maior interese e mellor recordo gardan os rapaces e as rapazas da súa etapa educativa.

E, por iso, preparamos con ilusión as súas sesións, co obxectivo de... non deixar a ninguén indiferente!


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

CAMBIOS FISÍCOS E QUÍMICOS